ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

PROPUESTA DE SOLUCION RELACIONES IGLESIA Y ESTADO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN XUÑO 2001
 Dado que a proba consiste na composición dun texto, como criterio xeral de avaliación terase en conta a suxeción ás pautas básicas que rexen a expresión escrita, esencialmente a precisión léxica, a corrección da sintaxe, a claridade na expresión e a coherencia na exposición das ideas.
En canto ós contidos concretos tratados na redacción, e referidos ós documentos presentados, deberían ser abordados os seguintes:

OPCIÓN 1
·         As relacións Igrexa-Estado como asunto recurrente na historia da España Contemporánea, cun tratamento cambiante en función da maior ou menor sintonía política entre as dúas partes.
·         A desamortización de Mendizábal entendida como ruptura co Antigo Réxime neste ámbito, comentando a perda de poder económico e político que implica para a Igrexa e a confrontación entre esta e o novo Estado liberal.
·         A Constitución de 1845, da man do moderantismo isabelino, como reconducción das relacións, refrendada pola reconciliación que supón o Concordato de 1851.
·         A instauración dun Estado laico en 1931 como acentuación do conflicto e –en relación coas reformas noutros ámbitos- factor explicativo da postura da Igrexa a prol dos sublevados en 1936.
·         O peso da Igrexa na conformación do franquismo e a posición de privilexio que ocupará durante a dictadura.

OPCIÓN 1. EXAME CUALIFICADO CON SOBRESALIENTE:

Durante os reinados absolutistas previos ó reinado de Isabel II, no que se implanta de xeito irreversible o liberalismo, as relacións entre a Igrexa e o Estado era moi estreita, xa que este último lle concedía numerosos privilexios ó clero. O sector eclesiástico era un dos estamentos máis fortes e influíntes do Antigo Réxime, xa que mesmo contaba con institucións xurídicas propias (Tribunal da Santa Inquisición). Gozaban do título de señores de moitas terras, así como das que lles eran concedidas por mans mortas (herdanzas de xente que falece e doan as súas terras á Igrexa).
Coa chegada do liberalismo a situación cambia progresivamente. Durante a rexencia de María Cristina, a viúva de Fernando VII, o último rei absolutista, e nai de Isabel II, adoptáronse unhas medidas que eran demasiado conservadoras para o que esixía o pobo, e tras unha revolta nos anos 1835 e 1836 concedéuselle o goberno a Mendizábal, que levou a cabo a primeira desamortización eclesiástica, xa que el era un dos políticos máis progresistas da época (doc.1). O clero manifestouse sempre en contra da perda dos seus privilexios e sobre todo da súa influencia na sociedade.
Trala rexencia de Espartero (1840-1843) chegou o reinado persoal de Isabel II, que nomea gobernantes de posicións moderadas e proclamou unha nova Constitución. Nesa Constitución, ó igual que na de 1812, obrigase o mantemento do culto católico e maniféstase o confesionalismo do Estado (doc.2). Naquela época, a oficialidade da relixión católica non tiña excesiva oposición, aínda que insinuaba unha relación entre a Igrexa e o Estado.
En tódalas Constitucións do século XIX mantense esa obriga do culto católico, incluso na de 1869, que estivo en vigor durante o Sexenio Democrático (1868-1874).
Na segunda metade do século XIX, vinculado ó espallamento das ideas socialistas, anarquistas e comunistas, apareceu un certo sentimento anticlerical. Os difusores destas ideas estaban cansos de que a Igrexa seguise gozando de tantos privilexios.
Trala Restauración Borbónica e a dictadura de Primo de Rivera, proclamouse a II República (1931). As primeiras eleccións déronlle o goberno a unha coalición republicana e socialista. Na Constitución proclamouse o Estado laico, ó igual có ensino. Tamén se lle retiraron os orzamentos ás institucións eclesiásticas, co cal a Igrexa perdía a meirande parte dos privilexios e do poder que tiña ata ese momento (doc.3).
A Igrexa, evidentemente, nunca aceptou esa perda de privilexios e sempre se posicionou en contra das forzas de esquerda e sempre apoiou ós monarquicos, ós carlistas e máis trde tamén ós falanxistas.
Aínda que con avances e retrocesos, a Igrexa pasou de ser unha institución con moito poder durante todo o Antigo Réxime e o século XIX, a perder todo ese poder na II República. De feito, o anticlericalismo non se mostrou só nesas leis e decretos, senón que durante a II República creceron as tensións entre os dous bandos que despois se enfrentarían na Guerra Civil gracias ás actuacións contra a Igrexa como a queima de conventos e igrexas, que non podían aceptar as forzas conservadoras.
A Guerra Civil foi considerada pola Igrexa como unha "cruzada" para salva-la institución por parte dos "nacionais" (doc.4) e así o dispuxo o mesmo Papa ó acabar a guerra.
Durante o réxime franquista, a Igrexa volveu ser beneficiada con numerosos privilexios, de feito, a ideoloxía de Franco se deu en chamar nacionalcatolicismo.





OPCIÓN 1. EXAME CUALIFICADO CON APROBADO:
El documento 1 data del año 1836. Es en este año cuando Mendizabal hace la primera de las dos grandes desamortizaciones españolas. Pero para entender el por qué hay que remontarse al año 1798 cuando Godoy empieza a poner en venta los bienes de la Iglesia. En poco más de cinco años Godoy desamortiza la sexta parte de los bienes eclesiásticos pero en vez de dedicar el dinero obtenido a amortizar la deuda del Estado lo invirtió en nuevas campañas militares. En represalia la Iglesia, muy molesta, decidió no dar atención a ancianos y grupos marginales. Esta política desamortizadora se mantendrá hasta la vuelta de Fernando VII.
Bajo el valimiento de Mendizabal se propuso la primera desamortización que como señala el documento 1 declaraba la venta en subasta pública todos los bienes eclesiásticos.
La desamortización de Mendizabal se desarrolló con bastante lentitud y lo único que hizo fue aumentar la deuda del Estado y que la Iglesia cortara drásticamente con él.
Comprar los bienes desamortizados era muy fácil, pues se admitían como pago títulos de valor nominal algo que perjudicaba al Estado. Esto acentuó el latifundismo en Andalucía y Extremadura y el minifundismo en el norte. Las clases ricas compraron los mejores y más nuevos edificios, dejando para los obreros los arrabaldes periféricos.
Más tarde en 1855 Madoz propone la segunda desamortización, que a diferencia de la de Mendizabal se desarrolló con gran rapidez y consiguió rebajar la deuda del Estado.
El segundo documento data del año 1845, en esa época reinaba Isabel II, que iba a favor de los intereses de la Iglesia y de la burguesía terrateniente. La Constitución del 45 declaraba que la religión española era única y exclusivamente católica como refleja el documento 2.
El Estado debía obediencia a la Iglesia, tenía que respetarla y practicar la religión católica.
Gracias al conservadurismo del reinado de Isabel II la Iglesia se puso de su parte, pues significaba darle numerosos privilegios al clero y que no se desamortizaran sus bienes. Se le dio el privilegio de la enseñanza, que sólo podían ejercer ellos.
Durante la II República la Iglesia se puso en contra del gobierno republicano. Como indica el tercer documento la Constitución de 1931 que era esencialmente de carácter progresista, el Estado español no tenía una única religión sino que abogaban porque cada individuo perteneciese a la religión que quisiera.
La Iglesia se opone drásticamente, pues en uno de sus artículos, como nos indica el texto, prohibia la ayuda económica a todas las instituciones religiosas. Como consecuencia de estas decisiones tomadas por el gobierno republicano habrá numerosos enfrentamientos Iglesia-Estado.
La idea de los Republicanos era que en el plazo de dos años se acabara con el presupuesto eclesiastico.
Todo esto hará que en 1936 el clero apoye a Franco. Cuando el general Francisco Franco se levanta en Melilla, rápidamente la Iglesia se pone a su favor pues veian la guerra civil como una cruzada contra el comunismo.
El documento número cuatro critica la inoperancia del gobierno republicano, alegando que pretendieron cambiar el espiritu nacional, que según el clero era católico. Tachan al gobierno republicano de materialista, comunista y anarquista y expone que lo que trataron de hacer fue cambiar la sociedad española y convertirla en un modelo igual que el de Rusia.
Franco se presentaba ante España como un Dios enviado para acabar con los "rojos", es decir, con los comunistas. Estas declaraciones hicieron que durante la guerra civil Rusia enviara sus tropas a ayudar al ejército republicano, aunque eran unas tropas escasamente organizadas, y que lo único que hicieron fue dar apoyo moral a los republicanos.
Aparte del apoyo de la Iglesia, que decía que la guerra había sido provocada por los errores del Estado republicano, Franco contaba con el apoyo de Alemania e Italia (Hitler y Mussolinni) que aunque firmaron un tratado de "no intervención" junto con otros países como Francia e Inglaterra, no lo cumplieron y ayudaron al bando sublevado. La guerra civil española fue la antesala de la segunda guerra mundial y todo el mundo siguió de cerca su desarrollo, conscientes de que se jugaba algo más que una guerra interna.






OPCIÓN 1. EXAME CUALIFICADO CON NOTABLE:

Ata a década de 1830 pódese dicir que entre o Estado e a Igrexa as cousas ían ben, pois nas tres etapas claves que hai anteriores a esa época manterase a Alianza entre o Trono e o Altar (no Antigo Réxime e tamén no reinado de Fernando VII) e non se cuestionará á Igrexa (por exemplo na época da guerra da Independencia e das Cortes de Cádiz).Máis logo destas etapas, no 1833 producirase unha guerra civil. Tras gañar esta os cristinos, pódese dicir que se produce a implantación dun réxime liberal, co que agora as relacións entre a Igrexa e o Estado van cambiar: cambiarán pouco se do goberno se encargan os moderados, ou cambiarán moito se do goberno se ocupan os progresistas.
Esto podémolo ver nos dous primeiros documentos. O primeiro documento fai referencia a unha desamortización. Esta será levada a cabo nun goberno progresista, no que o xefe de goberno é Mendizábal. As terras desamortizadas pertencían ou tiñan algún tipo de relación coa Igrexa (desamortizar consiste en declarar en estado de venda as terras que están en mans mortas e vendelas, case sempre para recaudar cartos para o Estado que serviran para subsanar a facenda).
En cambio no segundo documento aparece un artigo da constitución de 1945, constitución moderada, feita por moderados polo que parece lóxico que proclame a confesión do Estado dese xeito, xa que eses gobernos (os moderados) caracterizaranse por facerlle importantes concesións á Igrexa e buscar sempre o seu apoio (lembremos que os moderados chegarán ó poder tras un golpe de estado de Narvaez que ocorre, tras a rexencia de Espartero, no ano 1844).
Tras o paso dos moderados polo goberno, chegarán no ano 1954 os progresistas que rematarán coas desamortizacións, producíndose a última no ano 1855.
Diversos acontecementos levarán o fin do reinado de Isabel II no ano 1868. Tras este ano proclámase un goberno provisional no que aparecen líderes como Serrano que no 1869 elaborarán a que será a primeira constitución democrática de España. Nesta constitución declarabase a liberdade de cultos, pero sinalábase que o Estado mantería o culto e o clero católicos. Ese goberno provisional estaba sen rei e tras un breve paso de Amadeo de Saboia proclámarase a I república no ano 1873. Durante esta república farase unha constitución que non chegara a entrar en vigor pero que aínda recollía moitos máis dereitos que a do 69. Un golpe de Estado (son unha das grandes características do s.XIX, pois todos os cambios de goberno se realizaban por este método) rematará con esta república facendo que no ano 1875 chegue ó poder Cánovas. Cánovas era un liberal moderado, polo tanto buscará o apoio da Igrexa, a pesar de todo o que pasara entre esta e o Estado. Conseguirá ese apoio, pois no ano 1876 elabora unha constitución na que asegura que manterá ó culto e ó clero católicos. Neste intre volve a haber boas relacións entre a Igrexa e o Estado, este feito fará que a Igrexa apoie o sistema canovista mentres este permaneza. Este sistema ideado por Cánovas que utilizaba o caciquismo e o voto como método de goberno estará presente ata o ano 1923, cando un golpe de estado polo xeneral Primo de Rivera dea paso a unha dictadura que se manterá ó longo de sete anos e tral que virá aRepública ó non conseguir o rei Alfonso XIII apoios suficientes nas eleccións de Abril do 31.
Meses máis tarde de Abril haberá unhas eleccións que lle darán a victoria os das esquerdas (cómpre lembrar que na República convivian varias tendencias os de esquerdas, os de dereitas e os de centro-esquerdas). Nese mesmo ano, no 1931, proclamarase unha nova constitución. Esta constitución recollía todo tipo de dereitos e entre estes, un estado de tipo laico, no que non se lle concedería ningún tipo de privilexio á relixión católica, como nos mostra o documento 3, nos artigos 3 e 26. Neste último artigo podemos apreciar como as institucións como o Estado, rexións ou provincias non poderian dar ningún tipo de axuda as institucións relixiosas. Esta constitución estará vixente toda a República.
Ata o de agora vimos que no Estado había preferencias, segundo estivera un goberno ou outro habería máis concesións ou non. Pero a Igrexa tamén tiña as súas preferencias e apoiará o bando nacional cando estale a guerra civil no ano 1936 (esta guerra prodúcese por un levantamento militar que hai contra a República o que fai que tanto o exército republicano como a poboación se bote a rúa para impedir que poidan rematar coa República). Este apoio o bando dos sublevados queda de manifesto no documento 4, cando os bispos españois claramente din que se sitúan do lado dos sublevados que defenden a orde, a paz social, a patria e a relixión e non van defender ó bando republicano que quere traer unha nova civilización, rematando coa civilización tradicional e por tanto coa relixión.
A Igrexa apoiará durante toda a guerra o bando sublevado e mesmo tamén despois dela cnado veña o Franquismo e se convirta nunha aliada de Franco ata que na década dos 60 se sitúe en contra do réxime polas escasas liberdades que ofrece.
Temos pois, ó longo da historia española distintas fases na evolución Igrexa-Estado. Normalmente as relacións entre estos dous sectores dependerán de quen ocupe o goberno, manténdose mellores relacións entre ambos sectores canto máis moderado sexa o carácter do goberno e cambiando completamente canto máis radicais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario