Os seguintes textos deben permitírche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas orixes ata a crise da Restauración. Estructurando libremente a túa composición á luz dos documentos, e tendo en conta a súa contextualización, debes atender cando menos ós seguintes aspectos: razóns e reivindicacións obreiras, formas de organización e loita, e caracterizaciónideolóxica das principais organización obreiras.
Doc.1.-Parte do xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata (Barcelona, 1835):
“Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades, cando se decataron de que tentaban este ataque os amotinados, enviaron toda a forza de que se podía dispoñer, co fin de atallar o incendio; mais en balde, xa que estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. Os donos da fábrica, que tiñan hai días temores deste ataque, tomaron precaucións cunha garda dos seus propios dependentes, quen prematuramente fixeron fogo ós amotinados, cousa que alporizou a estes e aumentou a súa insolencia. A tropa que tiña que contelos púxose de por medio e resultaronda liorta varios mortos e feridos”.
Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición as Cortes:
“Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruina. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ó taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fíllos, sacrificar a estes mesmos fíllos a un traballo prematuro.
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concurrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos únicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.
Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):
“Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadán humilde e ó elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento!
E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”.
Doc 4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto:
“O proletariado organizado chegou así ó convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar as clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ó pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario