Os seguintes documentos permiten a realización dunha redacción que teña por tema central as relacións entre a Igrexa e o Estado dende a implantación do liberalismo na década de 1830 ata o franquismo. Dende a inicial confrontación que a liquidación do Antigo Réxime supón, e que exemplifica a desamortización (Doc.1), as relacións Igrexa-Estado serán cambiantes, en función do carácter conservador ou progresista dos distintos gobernos e réximes políticos; en liñas xerais, nos períodos de predominio conservador o poder político favoreceu á Igrexa, facéndolle importantes concesións e buscando o seu apoio (Doc.2), ocorrendo o fenómeno contrario en momentos como a Segunda República (Doc.3). A Igrexa, que non agachou as súas simpatías polo bando sublevado durante a guerra civil, constituiría un dos piares do réxime franquista (Doc.4). Lembra que debes contextualizar os documentos e referirte aos seus contidos ao longo da túa exposición, pois non se trata de elaborar o tema de referencia á marxe das fontes propostas.
Doc.1.-Desamortización (1836):
“Art. 1º. Quedan declarados en estado de venda dende agora todos os bens raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas (...)”.
Doc.2.-Concordato entre o Estado español e a Santa Sé (1851):
“Art. 1. A relixión católica, apostólica, romana, que con exclusión de calquera outro culto continúa sendo a única da nación española, conservarase sempre nos dominios da S. M. Católica con todos os dereitos e prerrogativas de que debe gozar segundo a lei de Deus e o disposto polos sagrados canons.
Art. 2. Na súa consecuencia a instrución nas Universidades, Colexios, Seminarios e Escolas públicas ou privadas de calquera clase, será en todo conforme á doutrina da mesma relixión católica; e a este fin non se poñerá impedimento ningún aos bispos e demais prelados diocesanos encargados polo seu ministerio de velar pola pureza da doutrina da fe e dos costumes, e pola educación relixiosa da xuventude no exercicio deste cargo, mesmo nas escolas públicas”.
Doc.3.-Constitución de 1931:
“Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art.26. (...) O Estado, as rexións, as provincias e os municipios non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións, e Institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do orzamento do clero”.
Doc 4.- Normas para la Escuela Primaria. 1939. Año de la Victoria:
“O oprobio dunha escola laica rematou. Para formar españois profundos, crentes e patriotas austeros España rexorde, gloriosa, polo esforzo decidido e xigante dos seus fillos, dos que morreron alegremente por ela, dos que por ela se sacrificaron e quixeron renderlle o mellor e máis espléndido da súa vida. A Escola ten que recoller o ambiente
heroico das xuventudes guiadas polo Caudillo á vitoria...
1ª A reposición do Santo Crucifixo marca a apertura do curso (…).
2ª Ademais do retrato do Caudillo, haberá no salón de clase unha imaxe da Virxe, con preferencia da Inmaculada, e en sitio preferente (...).
4ª Á entrada na escola os nenos saudarán co tradicional Ave María Purísima, sendo contestados polo mestre: Sin pecado concebida (...)”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario