Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre a instauración e institucionalización do réxime franquista. Comezada durante a guerra civil marcando as diferenzas coa democracia (Doc.1), nos seguintes anos diferente textos legais van conformando o réxime: a implantación do sindicalismo vertical (Doc.2), a creación dun seudoparlamento á medida (Doc.3) ou a codificación de dereitos e deberes dos españois (Doc.4) son exemplos representativos. Por último, no Doc.5 amósanse algúns dos instrumentos e apoios que serviron ao franquismo na súa consolidación.
Doc.1.-Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento Nacional:
“Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos principios roxo-comunistas (...). Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, organicamente constituída; a un Estado neutro e sen ideais, substitúeo o misional e totalitario, que orienta o pobo sinalándolle o camiño (...). Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos, hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os prexuízos da loita de clases; (...) hai que elevar os principios do Movimiento”.
Doc.2.-Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):
“Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo Fuero del Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo Estado, a saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados todos os factores da economía por ramas da produción ou servizos.
Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a existencia de ningunha outra con fins análogos ou similares”.
Doc.3.-Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):
“Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...), o órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis sistemática do poder (...).
Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado.
Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a) Os ministros. b) Os conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c) O Presidente do Consello do Estado (...). d) Os representantes dos Sindicatos Nacionais. e) Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f) Os Reitores das Universidades (...). i) Aquelas persoas que pola súa xerarquía eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta”.
Doc.4.-Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):
“Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana, recoñecendo o home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (...).
Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis (...).
Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (...).
Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (...).
Art. 12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado”.
Doc.5.-Dionisio Ridruejo, ex-falanxista posteriormente represaliado polo réxime, exprésase así na súa obra Escrito en España (1962):
“Os grupos económicos atribuíanse con todo acougo o seu lote de soberanía. A Igrexa tomaría o seu. O Exército –aínda que oficialmente incluído, home a home, no Partido único- absorbería a súa porción, exercendo o control dos instrumentos executivos, e ficaría constituído en forza básica e arbitral. O Partido único proporcionaría o persoal político por xunto e representaría docilmente o papel de pobo na función (...). Pola súa banda, o poder persoal, establecido como clave de arco (...), esponxaríase nunha camarilla recrutada entre os máis fieis (...). En rigor, a guerra non producira poderes novos. Máis ben repuxera no seu sitio, libres de coidados, aos poderes antigos, destruíndo aqueles outros que os ameazaban”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario