ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN GUERRA CIVIL 2002 , 2007 Y 2012

               ENCABEZAMIENTO DEL MODELO DE EXAMEN DE JUNIO DE 2012

Los siguientes documentos deben permitirte elaborar un texto sobre la Guerra Civil. En la redacción debes desarrollar las siguientes cuestiones: la sublevación militar que la inicia; las posiciones ideológicas que se enfrentan; la evolución política de las dos zonas; los factores que favorecen la victoria final de los sublevados y las consecuencias de esa victoria. Recuerda que no se trata de responder a preguntas aisladas, sino de realizar una composición coherente y argumentada, y que en la evaluación se tendrán en cuenta los conocimientos, la utilización de los documentos y la corrección de la expresión escrita. 


                              LOS TEXTOS DEL EXAMEN SON LOS MISMOS DEL 2007




                                            MODELO DE EXAMEN DEL 2002 Y 2007

Os documentos seguintes, aos que debes referirte na túa exposición, tratan sobre a Guerra Civil. Iniciada coa sublevación de xullo de 1936, o conflito será presentado en termos ideolóxicos como unha loita antifascista (Doc. 1) ou anticomunista (Docs. 2 e 7), segundo o bando de que se trate. A impotencia do Comité de Non Intervención fixo que a participación estranxeira (Doc. 2) fose esencial no desenvolvemento do conflito. A evolución política das dúas zonas foi distinta: mentres as disensións e a división foron permanentes entre as forzas republicanas (Docs. 3, 4 e 5), na España “nacional” instaurouse un réxime de partido único (Doc. 6), concentrándose os poderes na persoa de Franco, a quen a vitoria na guerra (Doc. 7) lle permitirá perpetuarse no poder.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:
“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé para defender a República, as liberdades populares e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren polo fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán; España enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a República do pobo!”.

Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:
“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España é unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.

Doc. 3.-Boletín informativo da CNT-FAI, xaneiro de 1937:
“Que quede ben entendido que non estamos a loitar pola República democrática. Estamos a loitar polo triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables. Todo o que se diga en sentido contrario é contrarrevolución reformista”.

Doc. 4.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937:
“¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo revolucionario. ¿Por que? Porque defendemos a República democrática (...). Unha República democrática e parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”.

Doc. 5.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT:
“Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”.

Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais, asina o Decreto de Unificación:
“Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange Tradicionalista y de las JONS.
Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ao Estado o alento do pobo e de levar a este o pensamento daquel a través das virtudes político-morais, de servizo, xerarquía e irmandade (...).
Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.

Doc. 7.-Último parte de guerra:
“No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos obxectivos militares. A guerra rematou.
Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Ano da Vitoria”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario