ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN EVOLUCIÓN POLÍTICA DE LA SEGUNDA REPÚBLICA. 2003 Y 2009

Os documentos seguintes permiten elaborar unha composición sobre a evolución política da Segunda República ata o golpe de estado de xullo de 1936. Tal evolución estivo en gran parte marcada polos resultados das diferentes eleccións a Cortes (Doc.l). Na primeira etapa, a composición do Parlamento posibilita a promulgación dunha Constitución (Doc.2) que abre o camiño a importantes reformas en diferentes ámbitos; o triunfo das dereitas en 1933 supon un xiro esencial, manifesto xa no programa electoral que se pretende aplicar (Doc.3); por último, o resultado electoral de 1936 reinicia de xeito acelerado a política de reformas (Doc.4), pero coa ameaza crecente dun golpe como o que se denuncia no Doc.5. Lembra que debes apoiarte nas fontes subministradas para elaborar a túa redacción.



Doc.l.-Gráfico simplificado (esquerdas/dereitas) dos resultados electorais de 1931, 1933 e 1936:


Doc.2.-Constitución de 1931:

“Art.1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e de xustiza (...). A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións (...).

Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...).

Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente (...).

Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada ós intereses da economía nacional (...). A propiedade de toda clase de bens poderá ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade social mediante adecuada indemnización (...). Cos mesmos requisitos apropiedade poderá ser socializada (...).

Art.48. A ensinanza primaria será gratuita e obrigatoria. A ensinanza será laica (...)”.


Doc.3.-En outubro de 1933, o xornal ABC publica o programa electoral da candidatura antimarxista por Madrid:

“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente e por riba de todo a necesidade dunha inmediata derogación (...) dos preceptos, tanto constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos e socializantes (...); traballarán sen descanso para acadar a cancelación de tódalas disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (...). A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representanda polo socialismo e os seus subalternos (...), prevaleza (...) na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados tódolos nosos esforzos”.

1 comentario:

  1. Podrias poner una propuesta de solucion de la 2 republica que me ayudan mucho

    ResponderEliminar