ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN REFORMA BIENIO REFORMISTA MODELO 2002-2006






 MODELO DE EXAMEN DE 2006

A  instauración  da  Segunda  República  supón  o  inicio  dunha  serie  de  reformas  en  diversos  ámbitos,  como  os  que aparecen reflectidos nos documentos 1, 2 e 3. Á luz dos textos, debes comentar cada unha das cuestións que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á súa caracterización xeral, ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se opuxeron (Doc.4), e aludindo ás derivacións ou desenlace da confrontación en torno a tales medidas.

Doc. 1.-No seguinte discurso (13 de outubro de 1931), Manuel Azaña refírese aos principais problemas que debe afrontar a República, prestando especial atención á cuestión relixiosa:
“A revolución política, é dicir, a expulsión da dinastía e a restauración das liberdades públicas, resolveu un problema específico  de  importancia  capital,  ¡quen  o  dubida!,  pero  non  fix o mái s qu e suscita r  e enuncia r aquele s outros problemas que han transformar o Estado e a sociedade españois ata a raíz. Estes problemas, ao meu curto entender, son principalmente tres: o problema das autonomías locais, o problema social na súa forma máis urxente e aguda, que é a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, e que é en rigor a implantación do laicismo do Estado con todas as súas inevitables e rigorosas consecuencias. Ningún destes problemas os inventou a República (...). Refírome a iso que chaman problema relixioso. A premisa deste problema, hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou de ser católica”.

Doc. 2.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):
“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados:
  1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).
  4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa (...).
  5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda.
  6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...).
 7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”.

Doc. 3.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de Cataluña:
Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...).
 Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os
cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...).
 Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.
Doc. 4.-Manifesto electoral da Candidatura antimarxista por Madrid (outubro de 1932):
“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente a necesidade dunha inmediata derrogación, pola vía  que  en  cada  caso  proceda,  dos  preceptos,  tanto  constitucionais  como  legais,  inspirados  en  designios  laicos  e socializantes  (…);  traballarán  sen  descanso  para  lograr  a  cancelación  de  todas  as  disposicións  confiscadoras  da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (…).A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representada polo socialismo e os seus subalternos auxiliares, máis o menos descubertos ou subrepticios, prevaleza ou sequera inflúa predominantemente, como ata agora, na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados todos os nosos esforzos”.



 MODELO DE EXAMEN DE 2002

A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos ámbitos, como os que aparecen reflectidos nos documentos que se propoñen. Á luz dos textos, debes comentar cada unha das cuestión que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á caracterización xeral da mesma, ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se opuxeron, e aludindo ás derivacións ou desenlace da confrontación en torno a tales medidas.



Doc.1.-A Constitución de 1931 aborda así a cuestión relixiosa:

“Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).

Art. 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas comoAsociacións sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas,Asociacións e institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do presuposto do Clero. Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima do Estado (...). As demais Ordes relixiosas someteranse a unha lei especial votada por estas Cortes Constituíntes e

axustada ás seguintes bases:

1ª. Disolución das que polas súas actividades constitúan un perigo para a seguridade do Estado (...).

4ª. Prohibición de exercer a industria, o comercio ou o ensino.

5ª. Submisión a todas as leis tributarias do país”.



Doc.2.-O decreto de 23 de abril de 1931 obriga ós militares a prometer fidelidade á República:

“A revolución de abril, que por vontade do pobo instaurou a República, extingue o xuramento de obediencia e fidelidade que as forzas armadas da nación prestaran ás institucións hoxe desaparecidas (...), a unha dinastía ou unha persoa.Amisión do Exército é soster a independencia da Patria (...). OGoberno provisional da República decreta:

Art.. 1º. Tódolos xenerais en situación de actividade ou reserva, e tódolos xefes, oficiais e asimilados (...) haberán prestar no prazo de catro días (...) solemne promesa de adhesión e fidelidade á República”.



Doc.3.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):

“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados:

1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).

4º.As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento, aparcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa (...).

5º.As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda.

6º.As que constituíron señoríos xurisdiccionais (...).

7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”.



Doc.4.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de Cataluña:

“Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...).

Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...).

Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario