A rebelión militar do 18 de xullo de 1936 foi o punto culminante dunha confrontación que xa se viña producindo desde a mesma proclamación da República en 1931. Mentres no Doc.1 o xeneral Franco expón asrazóns dos sublevados, no Doc.2 o presidente das Cortes defende a lexitimidade da República. O teu comentario debe centrarse nos asuntos máis conflitivos que motivan a insurrección e que foran unha constante nos cinco anosanteriores, prestando atención aos intereses defendidos por cada parte e ás forzas sociais e políticas que apoian acada bando.
Doc.1.-Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que xustifica a rebelión contrae República:
“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas; autoridades de sona gobernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e metralladoras dirímense as diferenzas entre os cidadáns (...), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (...). Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto do máis asañado ataque das hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que reciben das directivas estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores (...).
Ao espírito revolucionario e inconsciente das masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (...), únese a neglixencia de autoridades de todas clases (...).
A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei, nin liberdade (...), nin unidade da patria, ameazada pola esgazadura territorial (...). ¿É que podemos abandonara España aos inimigos da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso non! Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos defendela”.
Doc.2.-O día 2 de agosto de 1936, o presidente das Cortes republicanas, Diego Martínez Barrio, enxuízaasí a insurrección militar:
“Os xenerais e oficiais que se lanzaron en armas fixérono contra o Estado español, representado por un Presidente da República, nomeado legalmente, e coa asistencia e aínda co voto de deputados de todos os partidos; por unha Cámara lexítima elixida sen tacha, durante o mando dun goberno adversario, duns partidos que resultaron triunfantes nas eleccións, e por un poder executivo constitucionalmente designado(...).
Certo é que o Estado e os seus poderes lexítimos atópanse asistidos co máis desinteresado dos concursos das clases obreiras, representadas polos seus sindicatos e partidos. Así, o Socialista como o Comunista, así a CNT como a UGT, así a Federación de Grupos Libertarios como o Partido Sindicalista (...). Pero detrás do Estado atópanse tamén en liña de combate os partidos republicanos que contribuíron á instauración do réxime en abril de 1931 (...), as clases comerciais, industriais e agrícolas do país (...), o pobo español (...).
Toda rebelión descansa sobre un suposto de falsidade: o de aparentar crer que a gobernación do país está secuestrada por poderes ilexítimos e que o triunfo do Estado se traduciría na implantación dun réximepolítico comunista (...).
¿Por que o fixeron? ¿Por que o fixeron? Simplemente se trata de substituír a vontade xeral do poboenteiro pola dunha clase social desexosa de perpetuar os seus privilexios. Nin amor a España, nin desacougopolo corpo da Patria, nin temores polo seu desmembramento, nin desasosego polo desenvolvemento da súa economía (...)”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario