ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN EVOLUCIÓN DE LA POLÍTICA ECONÓMICA DURANTE EL FRANQUISMO. MODELO 2000

Os seguintes documentos permiten realizar un comentario sobre a evolución da política económica e dos seus resultados durante o franquismo. É esencial que distingas ben entre a etapa de autarquía (Doc.1) e a de ‘desarrollismo’ (Doc.3), caracterizando e contextualizando cada unha delas. Para facer o balance da política autárquica podes apoiarte no Doc.2 e no Doc.4, que tamén che serve para a fase ‘desarrollista’. O Doc.5 e o Doc.6 aportan datos sobre dous sectores importantes para explicar o crecemento económico español dos anos sesenta.

 Doc1.-Decreto de fundación do Instituto Nacional de Industria (BOE de 7 de outubro de 1941):
"É tan grande a contía dos investimentos que a fabricación de determinados productos require, que moitas veces desborda o marco en que as iniciativas particulares se desenvolven, e para outras a marxe de beneficios resulta tan moderada que non ofrece incentivos ós organismos financieiros (...)
Os imperativos da defensa nacional esixen, por outra parte, a creación de novas industrias e a multiplicación das existentes, que permitan protexer os nosos valores raciais co apoio indispensable dunha potente industria (...).
Artigo primeiro.-Créase o Instituto Nacional de Industria, entidade de Dereito público, que ten por finalidade propulsar e financiar, en servicio da Nación, a creación e xurdimento de novas industrias, en especial das que se propoñen como fin principal a resolución dos problemas impostos polas esixencias da defensa do país ou que se dirixan ó desenvolvemento da nosa autarquía económica".
 Doc.2.-Valoración polo historiador Joan M. Esteban da política económica autárquica:
"En resume, vemos que, para 1950, os resultados acadados en doce anos de política económica do réxime franquista foron:
A renda real por habitante en 1950 era aínda inferior á súa correspondente anterior á guerra.
A producción agrícola era inferior ós niveis existentes que prevalecían ó inicio da posguerra.
A autarquía, o intervencionismo e o mercado negro provocaron unha evidente escordadura dos recursos, reducindo a productividade media na maioría das actividades económicas; e
Malia o alto nivel de explotación da clase traballadora, a taxa de acumulación do capital productivo era moi baixa".
Doc.3.-Laureano López Rodó, desde 1962 Comisario do Primeiro Plan de Desarrollo, explica nas súas Memorias as razóns do cambio de rumbo da política económica a partir de 1959:
"(...) a política estaba aqueixada dunha enfermidade que ten toda a traza de ser incurable: o inmobilismo (...). O Plan de Desarrollo, sen embargo, podía ter éxito: había factores externos que empurraban; a economía da Europa occidental estaba en plena expansión e tiraba da nosa. Non podiamos vivir no illacionismo económico, a nosa posible incorporación ó Mercado Común obrigábanos a facer un esforzo para acadar máis altos niveis económicos. Ademais, a evolución económica reclamaba un alto grao de evolución política; a única evolución posible por entón: supresión do intervencionismo e controis, liberalización.
Todo o que fixera elevar o nivel de vida contribuía tamén a dar máis cohesión ó país, a aminorar o risco de malestar, tensións e discordia". 
Doc.4.-Evolución do PIB entre 1935 (índice 100) e 1970:
ANO
PIB
1935
100
1940
79,6
1945
70,6
1950
85,3
1955
111,0
1960
132,8
1965
198,1
1970
253,6

Doc.5.-Emigración exterior entre 1951 e 1980:
ANOS
AMERICA
EUROPA
1951-60
668.003
-----
1961-70
232.221
779.592
1971-80
51.663
447.794

Doc.6.-Evolución do número de turistas en España entre 1951 e 1973:
ANO
TURISTAS
1951
1.263.197
1955
2.522.402
1960
6.113.255
1965
14.251.428
1970
24.105.312
1973
34.558.943

No hay comentarios:

Publicar un comentario