ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN OPOSICIÓN AL FRANQUISMO

Os documentos que seguen teñen como asunto central a oposición ao réxime franquista. O ámbito cronolóxico vai desde os anos de posguerra (Doc.1) ata os derradeiros tempos da dictadura (Doc.4), presentando as diversas actividades levadas a cabo por sectores tamén diferentes da oposición: guerrilla (Doc.1), movemento universitario (Doc.2), movemento obreiro (Doc.3) e forzas políticas que se articulan cara o remate da dictadura (Doc.4). Na túa redacción debes tratar a variedade e evolución da oposición ao franquismo, tendo en conta as fontes documentais suministradas.
 
Doc.1.-O guerrilleiro Francisco Rey lembra o movemento dos anos 40:
“Alí onde había homes perseguidos que se viron na necesidade de fuxir, fixérono antes de caer de novo na cadea ou ante un pelotón de execución. Marcharon así ao monte homes de tódalas tendencias, socialistas, anarquistas, algúns católicos e, sobre todo, numerosos militantes comunistas (...).
Ó principio as nosas accións tiñan un carácter case exclusivamente de fuxidos que se moven organizadamente buscando puntos de apoio, falando coas xentes da necesidade de crear o movemento guerrilleiro. Eramos os fuxidos, os escapados, como nos chamaba o pobo. E nesa época, no momento máis agudo da represión franquista, tivemos sempre o apoio abnegado, silencioso e incondicional do pobo. Aqueles homes que nas aldeas nos axudaban sabían perfectamente ao que se expoñían e, sen embargo, non vacilaban en acollernos”.

Doc.2.-Noticia recollida en Mundo Obrero dunha manifestación universitaria en Madrid (1956):
“Estes potentes berros, lanzados por centos de valentes peitos xuvenís, atronaban as rúas céntricas da capital. Unha proba patente da debilidade do goberno é que non se atreveu a utilizar a policía armada para reprimir a manifestación. A forza pública recibira instruccións de retirarse (...).
Ó pasar a manifestación diante do Ministerio de Gobernación, recrudecéronse os berros dos estudiantes contra a Falanxe e contra o réxime. O público acollía a manifestación cun grande alborozo, con signos emocionantes de simpatía. Os estudiantes antifranquistas foron donos ese día das rúas céntricas da capital durante preto dunha hora. O tráfico foi paralizado por completo na rúa de Alcalá”.

Doc.3.-O líder sindical Marcelino Camacho lembra as orixes das Comisións Obreiras (CC.OO.):
“A cabalo entre 1956 e 1957 xurdiu e desapareceu, nun prazo breve, unha comisión na mina asturiana La Camocha, para defender unha asignación de carbón aos mineiros (...). Outras funcionaron en diversos lugares como Euskadi, Cataluña, Valencia, Andalucía, etc., sempre de forma fugaz e variada composición (...).
En Madrid iniciouse unha nova fase de Comisións Obreiras que se caracterizou polo carácter permanente desas comisións elixidas en asembleas (...). Decidíramos servirnos da Escola Sindical de Enlaces (...) como un medio para nos coñecer e estender os nosos contactos sobre todo coas grandes empresas do metal”.

Doc.4.-En 1974, o Partido Comunista de España inspirou a formación da Xunta Democrática, na que se agrupaban diversas forzas de oposición que aprobaron o seguinte programa:
“1.-A formación dun goberno provisional que substitúa ao actual (...).
3.-A legalización dos partidos políticos sen exclusións.
4.-A liberdade sindical e a restitución ao movemento obreiro do patrimonio do Sindicato Vertical.
5.-Os dereitos de folga, de reunión e de manifestación pacífica.
6.-A liberdade de prensa (...).
8.-A neutralidade e a profesionalidade, exclusivamente militar para a defensa exterior, das forzas armadas.
9.-O recoñecemento, baixo a unidade do Estado español, da personalidade política dos pobos catalán, vasco e galego e das comunidades e rexións que o decidan democraticamente.
10.-A separación da Igrexa e do Estado (...)”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario