MODELO DE EXAMEN DE SEPTIEBRE DE
2017
ORIENTACIONES: Los documentos siguientes permiten
elaborar un texto sobre la rebelión militar del 18 de julio de 1936. En la
redacción debes tratar las siguientes cuestiones:
La caracterización del golpe militar; los
argumentos esgrimidos por los sublevados y los principales asuntos que
propician el conflicto con el gobierno legítimo; los intereses defendidos y los
apoyos sociales y políticos con los que cuenta cada parte; la interpretación
histórica del levantamiento militar. Recuerda que non se trata de responder
a preguntas aisladas, sino de realizar una composición coherente e argumentada,
y que en la evaluación se tendrán en cuenta los conocimientos, la utilización de
los documentos y la corrección de la expresión escrita.
Doc.1. Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na
que xustifica a rebelión contra a República:
“A situación de España é cada día
máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas; autoridades
de sona gubernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de
pistola e ametralladoras dirímense as diferenzas entre os cidadáns (...), sen
que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas revolucionarias de
toda clase paralizan a vida da Nación (...). Ao espírito revolucionario e
inconsciente das masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (...),
únese a neglixencia de autoridades de todas clases (...). A Constitución, por todos suspendida e
vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei, nin liberdade
(...), nin unidade da patria, ameazada polo desgarramento territorial (...). ¿É
que podemos abandonar a España aos inimigos da patria, con proceder covarde e
traidor, entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso non! Que o fagan os
traidores, pero non quen xuramos defendela”.
Doc.2. O día 2 de agosto de 1936, o presidente das Cortes republicanas,
Diego Martínez Barrio, enxuíza así a insurrección militar:
“Os xenerais e oficiais que
se lanzaron en armas fixérono contra o Estado español, representado por un
Presidente da República, nomeado legalmente, e coa asistencia e aínda co voto
de deputados de todos os partidos; por unha Cámara lexítima elixida sen tacha,
durante o mando dun goberno adversario, duns partidos que resultaron
triunfantes nas eleccións, e por un poder executivo constitucionalmente
designado (...). Certo é que o Estado e
os seus poderes lexítimos se atopan asistidos co máis desinteresado dos
concursos das clases obreiras, representadas polos seus sindicatos e partidos.
Así, o Socialista como o Comunista, así a CNT como a UGT, así a Federación de
Grupos Libertarios como o Partido Sindicalista (...). Pero detrás do Estado
atópanse tamén en liña de combate os partidos republicanos que contribuíron á
instauración do réxime en abril de 1931 (...), as clases comerciais,
industriais e agrícolas do país (...), o pobo español (...). Toda rebelión descansa sobre un suposto de
falsidade: o de aparentar crer que a gobernación do país está secuestrada por
poderes ilexítimos e que o triunfo do Estado se traduciría na implantación dun
réxime político comunista (...). ¿Por
que o fixeron? ¿Por que o fixeron? Simplemente se trata de substituír a vontade
xeral do pobo enteiro pola dunha clase social desexosa de perpetuar os seus
privilexios. Nin amor a España, nin desacougo polo corpo da Patria, nin temores
polo seu desmembramento, nin desasosego polo desenvolvemento da súa economía
(...)”.
Doc.3. Nos últimos anos, unha interpretación revisionista do golpe
comparte e predica algúns dos mitos franquistas. Texto de Pío Moa (2009):
"O 18 de xullo foi, realmente, a rebelión
dunha parte do exército e do pobo contra o proceso revolucionario e un goberno
ilegal (...). Foi a esquerda a que derrubou todo o que tiña de democrática a
república e fixo inevitable o dilema de someterse á tiranía revolucionaria ou
rebelarse contra ela (...). E o
autoritarismo franquista liberou a España da revolución, da guerra mundial,
dunha nova guerra civil, deixou un país próspero e reconciliado, e inaugurou o
período de paz máis prolongado que gozou España en dous séculos".
Doc.4. Interpretación do historiador Ángel Viñas (2011):
"¿Que representou o golpe
militar do 18 de xullo? No meu parecer, o desexo de derrogar pola forza, a
calquera custo, as reformas políticas, económicas, culturais e sociais da
experiencia republicana. Eran necesarias para paliar a extrema pobreza na que
se debatía unha parte importantísima da sociedade española. Eran precisas para
achegar a España aos moldes culturais europeos, dos que durante tanto tempo
estivera afastada (...). Eran imprescindibles para poñer España ao día
(...). Tales reformas non foron
asumibles polo sector máis reaccionario das dereitas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario