ya

sábado, 23 de septiembre de 2017

MODELO DE EXAMEN CRISIS DE LA RESTAURACIÓN. MODELO DE 2013

Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración, aberta coa perda das colonias ultramariñas en 1898. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: a crecente disposición do Exército a tutelar a vida política; o aumento da conflitividade social; os problemas bélicos en Marrocos; a exasperación da inestabilidade gobernamental; o pronunciamento de Primo de Rivera como final do réxime constitucional. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita. 

Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905:

“Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións; que de hoxe en adiante non se poderá berrar ‘¡Morra España!’ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou a época en que poidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu inquebrantable amor a España unha e intanxible”.

Doc. 2.-A UGT e a CNT convocan unitariamente a folga xeral en agosto de 1917:

“Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare, previas as modifi cacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes Constituíntes que aborden en plena liberdade os problemas fundamentais da constitución política do país. Mentres non se acade ese obxectivo, a organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa actitude de folga.
Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrifi cio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!”.

Doc. 3.-Viñeta alusiva ao desastre de Annual (1921):
















Doc. 4.-A inestabilidade dos gobernos entre 1917 e 1922:

ANO               TOMA POSESIÓN                                  CARÁTER POLÍTICO
1917                     19 de abril                                                 Concentración liberal
1917                     11 de xuño                                                Conservador
1917                   3 de novembro                                            Concentración liberal
1918                   22 de marzo                                               Concentración nacional
1918                  9 de novembro                                             Concentración liberal
1918                   5 de decembro                                               Liberal
1919                    15 de abril                                                    Conservador
1919                   20 de xullo                                                       Conservador
1919                12 de decembro                                              Concentración
1920                    5 maio                                                          Conservador
1921                8 de marzo                                                               Interino


Doc. 5,-En setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera xustifica así o seu golpe de Estado, aprobado pola Coroa:

“Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando á Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e inmoralidades que comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fi n tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...).
Pois ben, agora irnos recabar tódalas responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina.
Non temos que xustificar o noso acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a producción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influída pola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles pronto radical remedio, para o que requirimos o concurso de tódolos bos cidadáns”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario