ya

sábado, 23 de septiembre de 2017

MODELO DE MOVIMIENTO OBRERO EXAMEN 2010

COMPOSICIÓN DE TEXTO JUNIO 2007

Os seguintes textos deben permitírche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas orixes ata a crise da Restauración. Nela debes tratar as seguintes cuestións; razóns e reivindicacións das mobilizacións obreiras; evolución das formas de organización e loita; identificación e características das principais organizacións de traballadores. Recorda que non se trata de responder a preguntas illadas, senon de facer unñha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857):
“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas as operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que apenas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nos cuartos do director”.

Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición as Cortes:
“Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruina. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ó taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fíllos, sacrificar a estes mesmos fíllos a un traballo prematuro.
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concurrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos únicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.

Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):
“Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadán humilde e ó elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento!
E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”.


Doc 4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto:
“O proletariado organizado chegou así ó convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar as clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ó pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario