Os seguintes
documentos serven de base para a realización dunha composición sobre a
desamortización, que
xunto con outras medidas (abolición do réxime señorial, desvinculación dos
morgados...) conforman o que podemos considerar en conxunto a reforma agraria liberal. Os tres
primeiros documentos explicitan o tipo
de bens afectados por cada medida desamortizadora, expoñendo o primeiro
deles os obxectivos que se
pretenden acadar. Os dous últimos textos son valoracións do proceso desamortizador no seu conxunto feitas na
época actual por historiadores, que deben axudarche a facer un balance do
mesmo, pois oprimeiro deles (Doc.4) céntrase nos resultados sociais da desamortización, mentres o segundo (Doc.5)
atende sobre todo aos efectos
financeiros e económicos.
Doc.1.-Desamortización
de Mendizábal (1836):
“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da
nación non é tan só cumprir una promesa solemne e dar garantía positiva á
débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao produto das
rendas; é abrir una fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha
riqueza morta, desobstruír as canles da industria e da circulación, apegar ao
paíspolo amor natural e vehemente a
todo o propio, anchear a patria, crear novos e
firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a
Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...), crear una copiosa familia de
propietarios (...). Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens
raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións
relixiosas extinguidas”.
Doc.2.-Desamortización
de Espartero (1841):
“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens
nacionais (...). Art. 3. Decláranse en venda tódalas propiedades, dereitos e
accións do clero catedral, colexial, parroquial, fábricas das igrexas e
confrarías”.
Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855): “Art. 1. Decláranse
en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros
pertencentes: Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías,
obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia.
Á instrución pública e calquera outros pertencentes a mans mortas, xa estean ou
non mandados vender por leis anteriores”.
Doc.4.-O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente axuíza así a
desamortización:
“En suma que a desamortización
municipal se cadra non debeu facerse e que a de
bens eclesiásticos e outras “mans mortas”
non debeu facerse como se fixo. Pero toda a burguesía, mesmo a de esquerdas,
quixo desamortizar, e por conseguinte a desamortización foi un feito consumado
(...). Tamén considero innegable que o sistema desamortizador preferible en
función do logro duns beneficios xerais, non debeu ser o de Mendizábal e Madoz
(isto é, o do partido progresista), senón o aconsellado no seu día por Flórez
Estrada (...). Este era o único capaz de facilitar a creación dunha clase media
rural de pequenos propietarios, coa que se estabilizaría no noso país o réxime
liberal, e se enchería o baleiro entre o latifundista e o braceiro”.
Doc.5.-O historiador Josep
Fontana exprésase do xeito seguinte: “¿Para que serviu a desamortización? Desde
o punto de vista do goberno a resposta é relativamente sinxela. Na etapa de
Mendizábal, para salvalo da bancarrota e axudarlle a gañar a guerra civil. Na
da chamada lei Madoz, para financiar a construción da rede ferroviaria. Penso
que a medida exacta en que estas vendas redundaron en proveito do Estado non
debe minimizarse”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario