ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN TRANSICIÓN A LA DEMOCRACIA. SEPTIEMBRE 2010


ORIENTACIÓNS: A partir dos documentos que seguen debes compor un texto sobre a transición política á democracia. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: O inicio do proceso por unha vía reformista; o proceso constituínte e a Constitución de 1978; as dificultades (terrorismo, golpismo); a chegada do PSOE ao poder. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Logo de ser designado Presidente do Goberno polo Rei, Adolfo Suárez diríxese ao país (6 de xullo de 1976):
“A meta última é moi concreta: que os gobernos do futuro sexan o resultado da libre vontade da maioría dos españois, e para iso solicito a colaboración de todas as forzas sociais (...).
A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna para España, unha democracia na que a liberdade, a
xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan o froito do esforzo de todos e o resultado do que todos se beneficien”.

Doc.2.-Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes o 18 de novembro de 1976:
Art.1º.1.A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo.
2.A potestade de elaborar e aprobar as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art.2º.1.As Cortes compóñense do Congreso dos Deputados e do Senado.
2.Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade.
3.Os senadores serán elixidos en representación das entidades territoriais. O Rei poderá designar para cada lexislatura
senadores en número non superior á quinta parte dos elixidos”.

Doc.3.-Na campaña para as eleccións de xuño de 1977, o candidato de UCD, Adolfo Suárez, pronuncia o seguinte
discurso:
“Prometemos volverlle a soberanía ao pobo español, e pasado mañá exércea.
Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz, construír a democracia desde a legalidade, e cremos que, coas lóxicas deficiencias, o conseguimos.
Prometemos que todas as familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e o mércores poden acadalo (...).
Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración con todos os grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu número de escanos (...). Podo prometer, e prometo (...), adicar todos os esforzos a acadar un entendemento social que permita fixar as novas liñas básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos (...). Podo prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as súas propias características”.

Doc.4.-Constitución de 1978:
“Art.1.1.-España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu
ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.
1.2.-A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
1.3.-A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Art.2..-A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de todos os
españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.
Art.3.1.-O castelán é a lingua española oficial do Estado (...).
3.2.-As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos (...)”.

Doc.5.-Mensaxe de Juan Carlos I, emitido por radio e televisión na madrugada do día 24 de febreiro de 1981:
“Ante a situación creada polos sucesos desenvolvidos no Palacio do Congreso, e para evitar calquera posible confusión, confirmo que ordenei ás autoridades civís e á Xunta de Xefes de Estado Maior que tomen as medidas necesarias para manter a orde constitucional dentro da legalidade vixente (…). A Coroa, símbolo da permanencia e unidade da patria, non pode tolerar de xeito ningún accións ou actitudes de persoas que pretendan interromper pola forza o proceso democrático (…)”.

Doc.6.-Resultados das eleccións xerais de 1982:
PARTIDOS                                                        ESCANOS
PSOE                                                                    202
AP-PDP                                                                106
UCD                                                                     12
CIU                                                                       12
PNV                                                                      8
PCE                                                                      5
OUTROS                                                             5

No hay comentarios:

Publicar un comentario