ya

miércoles, 21 de septiembre de 2011

MODELO DE EXAMEN LA TRANSICIÓN A LA DEMOCRACIA, 2003

A partir dos documentos que seguen debes compoñer un texto sobre a transición política á democracia. Logo da morte de Franco, os cambios inícianse definitivamente coa designación de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno (Doc.1). A Lei para a Reforma Política (Doc.2) confirma a opción reformista adoptada pola transición e permite á UCD líderada por Suárez levar a cabo un programa de goberno (Doc.3) que, contando no esencial co consenso das demáis forzas políticas, culminaría coa promulgación da Constitución en 1978 (Doc.4). Fracasado o intento de golpe de Estado de febreiro de 1981 (Doc.5), a victoria socialista nas eleccións de 1982 (Doc.6) abriría unha nova etapa política.
 
Doc.1.-Logo de ser designado Presidente do Goberno polo Rei, Adolfo Suárez diríxese ó país (6 de xullo de 1976):
“A meta última é moí concreta: que os gobernos do futuro sexan o resultado da libre vontade da maioría dos españois, e para elo solicito a colaboración de tódalas forzas sociais (...).
A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna para España, unha democracia na que a liberdade, a xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan o froito do esforzo de todos e o resultado do que todos se beneficien”.

Doc.2.-Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes o 18 de novembro de 1976:
Art. 1°.1.A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo.
2. A potestade de elaborar e aprobar as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art. 2°. 1 .As Cortes compóñense do Congreso dos Deputados e do Senado.
2. Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade.
3. Os senadores serán elixidos en representación das entidades territoriais. O Rei poderá designar para cada lexislatura senadores en número non superior á quinta parte dos elixidos”.

Doc.3.-Na campaña para as eleccións de xuño de 1977, o candidato de UCD, Adolfo Suárez, pronuncia o seguinte discurso:
“Prometemos volverlle a soberanía ó pobo español, e pasado maña exércea.
Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz, construir a democracia desde a legalidade, e cremos que, coas lóxicas deficiencias, o conseguimos.
Prometemos que tódalas familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e o mércores poden acadalo (...).
Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración con tódolos grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu número de escanos (...). Podo prometer, e prometo (...), adicar tódolos esforzos a acadar un entendemento social que permita fíxar as novas liñas básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos (...). Podo prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as súas propias características”.

Doc 4.-Constitución de 1978:
“Art. 1.1.-España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordeamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.
1.2.-A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
1.3.-A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Art.2..-A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de tódolos españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.
Art.3.1.-O castelán é a lingua española oficial do Estado (...).
3.2.-As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos (...).
Art.6.-Os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política”.

Doc 4.-O coronel Tejero asalta o Congreso dos Deputados o 23 de febreiro de 1981:





Doc 6.- Resultados das eleccións xerais de 1982

PARTIDOS          ESCANOS
PSOE                       202
AP-PDP                   106
UCD                         12
CIU                          12
PNV                          8
PCE                           5
OUTROS                  5

No hay comentarios:

Publicar un comentario