ya

martes, 26 de septiembre de 2017

MODELO EXAMEN INTROMISIÓN EJÉRCITO EN LA VIDA POLÍTICA ESPAÑOLA. 2014


MODELO DE EXAMEN DE 2014
Os documentos que seguen teñen como asunto central a reiterada intromisión do Exército na vida política. Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: as formas que adopta o intervencionismo militar; as consecuencias do mesmo (cambio de goberno, ditadura, guerra); a variedade e evolución das posturas políticas promocionadas dende o Exército. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-Manifesto que dirixe á Nación Española Juan Díaz Porlier o 21 de setembro de 1815:
 “O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituída dunha maneira que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación (...). Firmes na nosa resolución, non deixaremos as armas (se nos vemos na obriga de recorrer a elas) antes de obter o que pedimos”.
Doc.2.-Así interpreta un comentarista da época a presenza militar na política (El pensamiento de la nación, 1846):
“As queixas contra a preponderancia militar datan xa de moito tempo; hai longos anos que as fraccións liberais se acusan unhas ás outras polos estados de sitio; e unha provincia en estado de sitio é unha provincia entregada ao poder militar. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles a quenda aos progresistas repetir os mesmos cargos, que logo reproduciron os moderados ata 1843; desde o pronunciamento de xuño do mesmo ano, quéixanse outra vez os progresistas. Se algún día os moderados sucumben, é probable que os progresistas lles ofrecerán abundantes motivos para a terceira edición de idénticas reclamacións. O nome das persoas e dos homes non significa nada: o feito é o mesmo. Desde a morte de Fernando VII a preponderancia estivo no poder militar (...); as cortes e os ministerios non puideron facer nada contra a forza das armas”.
Doc.3.-O historiador Raymond Carr analiza a influencia militar na política da Restauración:
“Ata a Restauración da monarquía en 1874, o instrumento efectivo de protesta e cambio políticos foi o Exército, que parecera perder este papel como consecuencia da “desmilitarización” da política realizada por Cánovas. Ata 1923, agás o levantamento republicano de Villacampa, ningún xeneral iniciou un pronunciamento. Esta aparencia civil da vida política da Restauración é enganosa: os xenerais deixaban a política aos civís só a condición de que estes non tocaran o Exército e de que eles mesmos seguiran a ser figuras influíntes na vida política. O tenente xeneral Martínez Campos (...) era consultado en tódalas crises políticas importantes, e a España conservadora dirixírase ao xeneral Polavieja para que a salvara en 1898-99 (...). O ministro da Guerra foi sempre un xeneral, e o orzamento militar unha “reserva sacrosanta” ante a cal os políticos civís experimentaban inhibición total”.
Doc.4.-Declaración ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923:
 “Eu non son un ditador. Ninguén pode, con xustiza, aplicarme esta denominación. Son un home a quen os seus camaradas de armas, acaso erroneamente, honraron coa difícil misión de dirixir a reconstrución da Patria”.
Doc.5.-Pouco despois do inicio da guerra civil, na chamada zona nacional comezou a instaurarse un réxime que concentraba todos os poderes na persoa dun militar:
“Decreto 138/1936, de 29 de Setembro (…): Organizada con perfecta normalidade a vida civil nas provincias rescatadas, e establecido o enlace entre as varias frontes dos Exércitos que loitan pola salvación da Patria, á vez que pola causa da civilización, imponse xa un réxime orgánico e eficiente, que responda axeitadamente á nova realidade española e prepare, coa máxima autoridade, o seu porvir (…).
Artigo 1.º En cumprimento do acordo adoptado pola Junta de Defensa Nacional, noméase Xefe de Goberno do Estado Español ao Excmo. Sr. Xeneral de División don Francisco Franco Bahamonde, quen asumirá todos os poderes do novo Estado”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario