MODELO DE EXAME PAU 2025 HISTORIA DE ESPAÑA CÓDIGO 03
O exame consta de 4 preguntas de resposta obrigatoria, de
2,5 puntos cada unha. A primeira sen apartados optativos e as outras tres
con posibilidade de elección entre apartados.
PREGUNTA 1.
SOCIEDADES NO TEMPO: REFLEXIÓN CRÍTICA DE FONTES DE INFORMACIÓN.
(2,5
puntos)
Este curso
vostede incorpórase á redacción da revista do seu instituto como encargado/a da
sección de divulgación histórica, e os/as seus compañeiros/as explícanlle que
xa dispoñen dalgún texto elaborado con ChatGPT. Como a súa versión do programa
é antiga, pídenlle que se encargue de revisar o seguinte texto sobre a Monarquía
dos Reis Católicos, para detectar, explicar e rectificar posibles erros.
TEXTO PARA
REVISAR:
O reinado dos Reis Católicos constitúe unha etapa de transición entre o mundo baixomedieval e o moderno na que sentan as bases de funcionamento da monarquía hispánica. Os novos monarcas lograron a unidade de España e levaron a cabo un intenso labor de reforma institucional. Entre outras medidas, potenciaron a administración central reorganizando o Consello Real e incrementando o número de membros con formación universitaria —os letrados—, en detrimento da aristocracia. Tamén reforzaron os órganos encargados de impartir a xustiza real —Chancelerías e Audiencias— e xeneralizaron a figura dos corrixidores en Castela, que exercían como representantes dos reis nos principais municipios. Con todo, a reforma máis importante foi a remodelación das Cortes pola súa condición de institución común a todos os reinos peninsulares.
Responda
estes tres apartados:
1
Identifique
as informacións erróneas. (0,5 puntos)
2 Explique o erros detectados. (1,5 puntos)
3 Proceda á súa redacción correcta. (0,5 puntos)
PREGUNTA 2.
O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO.
ANÁLISE COMPARATIVA. (2,5 puntos)
Vostede comeza
a traballar nunha radio local que ten previsto realizar unha serie de podcasts
sobre a Historia de España. A directora do programa explícalle que a súa
intención é ofrecer aos seus oíntes contidos que vaian máis aló dos enfoques
tradicionais para presentar os temas desde perspectivas máis razoadas e
comparativas. A xefa de redacción encárgalle que presente unha análise comparativa
a modo de exemplo para futuros guións.
Responda un
destes dous apartados:
2.1. Compare as principais disposicións da
Constitución de Cádiz co sistema político propio da monarquía absoluta. (2,5
puntos)
2.2. Compare as características do bienio
reformista coas do bienio conservador da II República. (2,5 puntos)
PREGUNTA 3.
O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO.
COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO. (2,5 puntos)
Atendendo aos
seguintes criterios:
-
Identificación do tema. (0,5 puntos)
-
Contextualización do documento. (0,5 puntos)
- Comentario do proceso histórico/tema que se reflicte no
documento. (1,5 puntos)
Responda un destes dous apartados:
3.1. Doc.1. Proclama
da Xunta provisional de goberno de Madrid (29 de setembro de 1868):
“MADRILEÑOS: Constituída no nome do pobo a Xunta
provisional de Goberno, o seu primeiro deber é dirixirvos a palabra.
A dinastía dos Borbóns rematou (…) O Exército e a Mariña,
con abnegación sublime pensaron antes na Patria que en ningunha familia. Desde
Cádiz a Santoña resoou o berro de Liberdade, e unhas Cortes Constituíntes
elixidas por sufraxio universal decidirán sobre os destinos da Patria. Hoxe,
reunidos ante a gravidade solemne das circunstancias, un considerable número de
cidadáns constituíu unha Xunta provisional; en tanto que mañá, o pobo todo de
Madrid, reunido por barrios e por distritos, formulará a súa vontade soberana”.
(2,5 puntos)
3.2. Doc.2. O diario ABC de Sevilla recolle nun suplemento
especial as declaracións do xeneral Queipo de Llano o 22 de xullo de 1936:
“GUERRA A MORTE ENTRE A RUSIA ROXA E A ESPAÑA SAGRADA
[…] pola intromisión de poderes estranxeiros, que polo
órgano conglomerado marxista desvirtuou o carácter da República española […]
Había que salvar España da lepra moscovita e para iso emprendemos esta
operación de urxencia. A historia hanos de xulgar”. (2,5 puntos)
PREGUNTA 4. O MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL.
RETOS DO MUNDO ACTUAL. COMENTARIO DE TÁBOAS DE DATOS. (2,5 puntos)
Atendendo
aos seguintes criterios:
-
Análise dos datos da táboa. (1 punto)
-
Explicación do contido. (1,5 puntos)
Responda un destes dous apartados:
4.1. Distribución rexional da produción siderúrxica
española: medias anuais en miles de toneladas. (2,5 puntos)
Período |
Produción |
Andalucía |
Biscaia |
Asturias |
|||||
1861-1865 |
45,65 |
14,65 |
11,73 |
13,17 |
|
||||
1871-1875 |
45,53 |
4,46 |
8,72 |
24,90 |
|
||||
1881-1885 |
131,59 |
2,89 |
76,71 |
40,08 |
|
||||
1896-1900 |
289,24 |
|
227,69 102,81
|
|
|||||
4.2. Produción de
electrodomésticos en España: miles de unidades. (2,5 puntos)
Anos |
Frigoríficos |
Lavadoras |
Radios |
Televisores |
1960 |
28,7 |
77,3 |
245,1 |
39,4 |
1965 |
371,8 |
320,4 |
446,3 |
554,7 |
1970 |
1009,3 |
554,6 |
432,5 |
617,9 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario